Quedamos en Teo, campaña de apoio a hostalería local

0

Teo, 5 de xuño do 2020 – O concello de Teo ven de presentar unha campaña de apoio a hostalería local baixo o lema Quedamos en Teo.

Quedamos en Teo, quedamos seguro ten como obxectivo xerar confianza e buscar un consumo responsable en todos os sentidos.

Quedamos en Teo, campaña de apoio a hostalería localA campaña arranca con dezanove establecementos adheridos e a concelleira de Promoción Económica, Iria Otero, agarda que “nos vindeiros días poidamos levar o logo da campaña a moitos máis establecementos”. A iniciativa pretende crear un selo identificativo co que os usuarios recoñezan os locais de Teo que implementan as recomendacións de seguridade.

A imaxe da campaña “Quedamos en Teo. Quedamos seguro” recolle un arco da vella, un elemento relacionada coa etapa do confinamento e coa idea de que todo ía saír ben. Agora que estamos en fase de desescalada “queremos trasladar esa idea ao sector da hostalería de Teo” indica Iria Otero.

Quedamos en Teo, campaña de apoio a hostalería localO compromiso da campaña recolle por un lado as obrigas dos locais: planificar tarefas e procesos para garantir a distancia social así como formar as persoas traballadoras na nova planificación e no uso do material de protección e tamén as das persoas usuarias: seguir as indicacións do persoal, evitar tocar superficies ou elementos do local se non é necesario, procurar manter a distancia de seguridade e evitar tocarse a cara e tusir ou esbirrar cubríndose a boca co cóbado.

Logo identificativo

A imaxe co arco da vella poderase ver nos locais adheridos na entrada e nas paredes dos espazos así coma no chan. Neste material haberá indicacións das novas normas de seguridade ás que todos e todas nos debemos ir acostumando.

Nos próximos días irase coñecendo un pouco máis aos locais participantes no facebook de Turismo de Teo. Poñerase cara aos traballadores dos bares, cafeterías, restaurantes ou casas rurais do concello que participan do proxecto. Ademais daranse os datos de contacto de cada e as condicións para o acceso como por exemplo se contan con horarios especiais ou se é preciso reserva previa.

Quedamos en Teo, campaña de apoio a hostalería localOs establecementos interesados en sumarse a esta iniciativa poden pedir información ou facer a solicitude enviando un correo electrónico a turismo@teo.gal ou chamando ao 981.815.700.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial