займ срочно

Teo abre hoxe a nova Casa Común de cacheiras

0

Teo, 4 de maio do 2017 – O Concello de Teo abre este xoves 4 de maio unha nova Casa Común en Cacheiras. Trátase dun local na zona urbana, situado na Travesía de Cacheiras, número 38, que vén a cubrir unha demanda de espazos públicos municipais na parroquia máis poboada do Concello. A apertura será ás 20:00 horas e haberá unha actuación do humorista Lois Pérez.

O local conta cunha superficie de 140 metros cadrados dunha distribución en L. Este sala polivalente permitirá realizar actividades, cursos, charlas ou mesmo pequenas exposicións segundo a programación municipal e a demanda da cidadanía.

Dende esta mesma semana a Casa Común de Cacheiras acolle actividades periódicas como ximnasia terapéutica, un obradoiro de memoria, break dance, galego para maiores ou un curso de adestradores de fútbol. A maioría son clases e grupos que xa están en marcha e estaban funcionando noutros locais. Dende o Concello quérese agradecer a colaboración amosada ata este momento por entidades como a Sociedade de Agricultores e Gandeiros de Cacheira que sempre amosaron unha boa disposición para ceder o seu local mentres o Concello non contou cun espazo axeitado.

Como se pode utilizar a Casa Común?

O desexo do goberno de Teo é que a nova instalación se poida usar, ademais de para a programación municipal, para as necesidades do movemento asociativo ou de particulares.

Para usar a Casa Común pódese entregar unha solicitude no Rexistro do Concello indicando o motivo da petición, a data para a que se reserva o local e o horario no que será utilizado. Unha vez autorizado o uso do local o/a solicitante deberá pagar a taxa correspondente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies