займ срочно

Teo reuniu ao Consello Local da Infancia

0

Teo, 26 de febreiro do 2018 – O Concello de Teo reuniu o pasado sábado por primeira vez o Consello Local de Infancia e Adolescencia (CLIA), un órgano de participación da infancia e mocidade do concello.

A xuntanza do Consello Local celébrouse no salón de plenos do Concello dende as 11:00 horas e contou coa presenza do alcalde de Teo, Rafael Sisto.

Imaxe da sesión, Facebook Rafa sisto

Esta é unha das iniciativas que se están realizando para que o Concello forme parte do programa internacional Cidades Amigas da Infancia, liderado por Unicef. Este recoñecemento visibilizará as actuacións políticas que o Concello está a desenvolver en materia de infancia e mocidade, en especial as que teñen que ver co cumprimento dos dereitos da infancia recollidos pola Convención aprobada pola ONU no 1989.

A aprobación do regulamento do CLIA no pleno de xaneiro permite que este Consello da infancia e adolescencia se constitúa para avaliar unha serie de propostas e demandas que parten dos menores de Teo. Nas últimas semanas xa se fixo a primeira sesión do Foro de Participación infantil e da adolescencia de Teo formado só por menores. Participaron nesta sesión 22 nenos e nenas dos centros escolares teenses que puxeron en común as demandas elaboradas nas aulas e estableceron as peticións prioritarias que se debaterán no CLIA. A rapazada pide, entre outras cousas, maior iluminación nalgunhas zonas, un carril-bici, máis beirarrúas ou controlar a velocidade nas estradas.

No Consello os/as menores defenderás as súas propostas diante do goberno municipal, que responderá ás peticións formuladas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies