Máis de 2.000 persoas camiñan en Teo contra a planta de residuos

0

Teo, 18 de xuño do 2018 – Éxito da convocatoria da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos que levo a máis de dúas mil persoas a antiga canteira onde se quere ubicar unha planta de reciclaxe de residuos en Teo.

A manifestación comezou desde 7 puntos distintos formando un círculo de 2 kilómetros ao redor da canteira onde a empresa Toysal situaría a planta. A marcha contra  o proxecto de reciclaxe de residuos na Casalonga partiu as once da mañá  dende a Estación de tren de Osebe. Escola de Casalonga. Capela de Ameneiro. Carballeira do San Martiño en Francos. Parque de Texexe. Área recreativa de Mouromorto e Carballeira de Luou. Realizaron os percorridos cantando cancións versionadas e berrando consignas recollidas en diferentes pancartas improvisadas pola veciñanza. “Zona residencial ,non residual” “Hipotecados si, pero para vivir nun sitio verde non nun sitio de merda” “Fora Toysal, nós chegamos primeiro “.

O punto de encontro de tódalas andainas foi a carballeira de Cornide, onde se instalou o stand da plataforma e un palco dende onde se daba a benvida aos grupos que ían chegando. O vídeo da mina de Touro proxectábase no palco  mentres riadas de persoas ían chegando dos diferentes puntos, recibidos polo aplauso dos que alí se atopaban.  Unha vez xuntos todos os grupos leuse un manifesto e a continuación organizouse a subida conxunta ata o monte Casalonga, antiga canteira onde Toysal quere instalar o proxecto

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial