Teo destina a Axuda no Fogar 600.000 euros

0

Teo, 6 de novembro do 2019 – O concello de Teo ven de asinar o contrato de prestación do servizo de axuda no fogar cun gasto total de 600.000 euros anuais.

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, asinou o documento coa empresa adxudicataria, Fundación para el estudio y la promoción de la acción social (FEPAS). A licitación da axuda no fogar realizouse para un máximo de catro anos por unha contía anual de algo máis de 600.000 euros. O importe total da licitación é de 2.411.765,76 €.

Segundo explica o edil de Benestar, Ignacio Iglesias, “o SAF é unha das prestacións básicas dos servizos sociais comunitarios máis instaurados nos últimos anos”. No marco da creación do Sistema de Promoción da Autonomía e Atención á Dependencia ten adquirido un papel fundamental na labor de atención á poboación beneficiaria deste. Iglesias destaca que “nos últimos anos tense incrementándo sensiblemente tanto o número de horas prestadas como a poboación atendida dende este servizo, que nós entendemos fundamental”.

As previsións anuais fixan en 38.436 as horas de servizo, das cales o 85,5% irán destinas á modalidade de atención para persoas valoradas dependentes baixo os criterios fixados pola Xunta de Galicia, mentres as restantes aglutínanse dentro da modalidade básica do servizo que o Concello xestiona de xeito independente.

Dende os Servizos Sociais municipais destacan a relevancia que ten a prestación básica para dar resposta a situacións urxentes, nas que as familias carecen de capacidade para prestar as atencións necesarias, así como noutros casos nos que existindo unha clara necesidade de apoio o perfil poboacional non se corresponde co dunha persoa con condición de dependente segundo a lei. En Teo neste momento os casos activos achéganse ao 80 sendo máis do dobre dos existentes hai unha década.

O SAF conta con financiamento da Xunta de Galicia para a modalidade de atención á dependencia e da Deputación da Coruña para a modalidade básica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial