займ срочно

Teo conxuga patrimonio e astronomía na fin de semana

0

Teo, 10 de agosto do 2018 – O Concello de Teo  organizou para a fin de semana do 10 ao 12 de agosto diferentes actividades para pór en valor o patrimonio arqueolóxico e mellorar tamén o coñecemento astronómico.

Hoxe venres 10 de agosto farase unha obradoiro de astronomía cultural e física dende o petróglifo da Pena Bicuda. Farase a simple vista ademais de contar tamén con prismáticos e telescopios e preténdese facer unha observación astronómica en relación co patrimonio arqueolóxico. O punto de encontro dos/as participantes será a carballeira da igrexa de Luou ás 22:00 horas (coordenadas GPS: WGS84: 42º 48´11″N/ 8º 35´03″ W). A duración da actividade é de entre dúas e tres horas e recoméndase roupa axeitada e algo para sentarse no chan.

Mañá sábado 11 ás 22:00 horas realízase a V andaina nocturna polos petróglifos teenses, actividade en colaboración co colectivo A Rula. Será unha ruta circular de cinco quilómetros dende Mouromorto, pasando por Cornide e Regoufe. O punto de encontro será a capela de Cornide (coordenadas GPS N42º 48.378´ W8º 36.06´)

As dúas actividades son de balde pero teñen aforo limitado. Para participar hai que anotarse chamando ao teléfono do Concello, 981.815.700 ou enviando un correo electrónico a cultura@teo.gal. Nese correo electrónico hai que indicar o nome e apelidos, DNI, data de nacemento e teléfono de contacto das persoas que queren participar. Estes datos son necesarios para tramitar o seguro correspondente para a actividade.

Observación das perséidas

Por outra banda péchase a fin de semana con outra observación astronómica, neste caso a das perséidas o domingo 12 de agosto ás 22:00 horas dende o monte da Agrela en Lampai. Esta actividade forma parte do programa de divulgación astronómica TodoCosmos no que o Concello de Teo participa dende hai anos. Para asistir a esta observación non é preciso anotarse sendo suficiente estar no lugar da actividade á hora do comezo.

Outras citas en setembro

No mes de setembro volven a programarse outras actividades coma as desta fin de semana. O 7 de setembro ás 21:30 horas nova observación do ceo nocturno en relación co patrimonio arqueolóxico con saída dende a carballeira da igrexa de Luou. E o 8 celébrase outra andaina nocturna polos petróglifos teenses, neste caso para coñecer o Monte Piquiño. Sairase ás 21:30 horas dende a carballeira da igrexa de Luou.

O xeito de anotarse é o mesmo, chamando ao teléfono do Concello, 981.815.700, ou enviando un correo electrónico a cultura@teo.gal indicando os datos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies