Investimento de cen mil euros no Centro Social de Reis en Teo

0

Teo, 9 de xullo do 2020 –  A Deputación da Coruña financiará, a través do Plan Único, a reforma do Centro Social de Reis, no Concello de Teo.

As tarefas na edificación de Teo estarán enfocadas na súa totalidade ao mantemento, a executar a reforma da instalación eléctrica e á colocación dun sistema de protección contra incendios.

En total, os traballos están valorados en 101.231,21 euros, dos que a entidade provincial achegará 99.993,64 euros e a administración local 1.237,57 euros. Este complexo, construído no ano 1995, está composto por unha planta baixa e un soto e presenta unha superficie útil de 559,75 metros cadrados.

Instalarase un falso teito, renovaranse as placas de xeso laminado e pintarase a fachada posterior e lateral esquerda. En tanto á reforma da instalación eléctrica, colocaranse unha caixa xeral de protección e medida, aplicarase unha reforma dos cadros eléctricos existentes e cambiaranse os cables da instalación interior con condutores de cobre. Dotarase ao mesmo do subministro de socorro mediante un sistema de Alimentación Ininterrompida, de acordo coa normativa.

Por último, e no relativo á protección contra incendios, instalarase unha porta cortalumes homologada e aplicarase unha capa de verniz ignífugo. Colocarase un extintor portátil de neve carbónica, un de pó químico e un sistema de alarma. Tamén un sistema de abastecemento de auga contra incendios e un hidrante.

O prazo de execución dos traballos será dun mes a contar desde a primeira acta de replanteo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial