A Deputación financia obras de mellora da seguridade peonil en Teo

0

Teo, 22 de xaneiro do 2020 – O Plan Único da Deputación financiará unha parte das obras de construción dunha nova senda peonil entre a ponte do río Tella coa estrada AC-841, en Teo.

As obras, actualmente en fase de licitación na Plataforma de Contratación do Estado, suporán un investimento de 204.357,46 euros, dos que 176.324,62 serán achegados pola Deputación e 28.032,85 polo Concello de Teo .

O proxecto dará continuidade ás obras de construción dun itinerario peonil entre Tarrío e Vilanova, na parroquia de Recesende, cun investimento superior aos 209.000 euros. Estas obras, recén adxudicadas, contan tamén con financiamento do Plan Único e está previsto que se inicien no vindeiro mes de febreiro.

A segunda fase, actualmente en licitación, conectará a ponte do río Tella e a estrada autonómica AC-841 cunha senda peonil que discorrerá pola marxe dereita da calzada.

Executarase unha beirarrúa de formigón coloreado de 1,50 metros de ancho, con algún estreitamento puntual de 1,20 metros. Na zona de conexión coa ponte do río Tella será necesaria a construción dun muro de contención das mesmas características que o existente na outra marxe do río.

As obras inclúen ademais a construción de tres pasos de peóns elevados e accesibles, que permitirán aos viandantes cruzar a estrada de forma segura e a construción dunha rede de recollida de pluviais baixo a senda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial