Alcaldes. Teo, Rafa Sisto

0

Rafa Sisto renovou a alcaldía de Teo hai un ano despois de chegar a un acordo de goberno cun fortalecido Psoe. Un ano despois as eleccións barreron do Parlamento a Anova e Esquerda Unida (impulsoras da marca Son que serviu para que iniciativas cidadás independentes como Son de Teo se presentaran as eleccións), e deixou aos socialistas por detrás do BNG; un BNG que preferiu tras as eleccións municipais non formar con eles un bipartito e manterse na oposición.

Alcaldes. Teo, Rafa SistoPero máis alá de eleccións Teo vive, como o resto de concellos, un ano excepcional no que en palabras de Rafa Sisto “hai que facer o ordinario extraordinariamente ben” e non sobreactuar na xestión

Os concellos demostraron en esta crise ser o piar fundamental que sostén o entorno no que vivimos, Sisto en este punto defende e valora o traballo dos empregados municipais e fai fincapé nun colectivo menos mencionado como o da limpeza

A crise mostrou as carencias en conectividade no rural pero o alcalde móstrase preocupado máis polos problemas de coñecemento. Rafa Sisto explica que a fibra óptica chegará no próximo ano á maior parte do concello pero que, pola falta de coñecementos de uso, unha parte da poboación pode quedar fora de esta nova normalidade

Alcaldes. Teo, Rafa SistoO futuro máis próximo chega cargado de incerteza. Combinar a reactivación económica coa conciliación mantendo a seguridade sanitaria é unha ecuación difícil de resolver. En este punto o rexedor é moi crítico coa falta de acción da FEGAMP

Son xa bastantes persoas as que comentaron a Lindeiros que os concellos están a recibir demandas de información para poder ir a vivir ao rural. Teo non é unha excepción e ese movemento de volta da cidade tamén se da

Para que esa volta se concrete o transporte é unha ferramenta imprescindible. Teo foi unha punta de lanza en este tema chegando a ter o seu propio servizo de pasaxeiros para o concello. Na actualidade a situación é mala pero sen embargo as novas liñas poden ser unha oportunidade para ampliar a poboación

Alcaldes. Teo, Rafa SistoOutro servizo no que Teo dou un paso adiante foi o da xestión municipal da auga. Rafa Sisto fai unha valoración moi positiva do proceso cinco anos despois da posta en marcha. Por outra banda séntese frustrado pola falta de decisión dos concellos limítrofes e non entende que non se impliquen máis

Antes de pechar a entrevista falamos de festas e no horizonte está un San Martiño que sendo realistas non poderá celebrarse se non cambian moito as cousas

Rematamos preguntando polos proxectos en marcha porque os concellos teñen que seguir traballando. Rafa Sisto ilusionase coa recuperación dos camiños do concello, máis alá de facer exercicio intentar que se usen os sendeiros de toda a vida para o que naceron. Iso xunto co polígono industrial e a toma de decisión sobre que modelo de recollida de lixo usará no futuro o concello serán os eixes nos que pivote esta lexislatura

Rafa Sisto coñece a perfección o concello que xestiona. Máis alá de contabilidade política de gobernar en coalición ten un modelo de concello moi claro que vai adaptando aos cambios que se producen. Ter un transporte propio, a xestión municipal da auga ou certas iniciativas de tipo cultural ou social evidencian ese modelo. É algo que se vota de menos na conversa con moitos políticos, o saber onde se está é saber a onde se quere chegar; Sisto o transmite de xeito transparente e incluso cando non chega a onde quere a pegada de telo intentado queda no chan.

As imaxes da entrevsta foron tomadas na Fonte da Florida, do século XVIII por Loli Fernández

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial