Melloras para a escola infantil dos Tilos

0

Teo, 4 de setembro do 2019 – O concello de Teo ven de realizar obras de mantemento e melloras na escola infantil dos Tilos.

A dos Tilos é un dos tres centros públicos do Concello para nenos/as de 0 a 3 anos e o que ten as instalacións máis antigas. Durante o mes de agosto, no que o centro estivo pechado para poder realizar as obras, cambiouse o chan das aulas e o comedor onde se instalou tarima flotante e cambiouse a cociña instalando mobles e electrodomésticos novos. O investimento achegouse aos 12.000 euros.

O edil Ignacio Iglesias destaca “que dende a municipalización do servizo no verán pasado levamos revisando as necesidades de mantemento e mellora nos tres centros e no caso dos Tilos era importante acometer esta obra para manter uns estándares de calidade do servizo óptimos”.

O Concello asumiu a xestión directa das escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa o verán pasado. O concelleiro de Benestar explica que “despois dun ano estamos moi satisfeitos co funcionamento do servizo”. O curso nos centros comezou este luns 2 de setembro con 150 nenos/as matriculados/as. Neste momento hai 32 matriculados/as nos Tilos, 54 en Calo e 64 na Ramallosa.

Segundo indican dende Benestar nos próximos días celebrarase unha comisión de baremación das novas solicitudes e agárdase que a matrícula se poida incrementar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial