Teo licita dúas obras do Plan Único da Deputación para mellorar estradas municipais

0

Teo, 21 de novembro do 2017 – As obras de pavimentación e acondicionamento de estradas municipais foron as máis demandadas polo Concello de Teo dentro do novo plan da Deputación da Coruña, que destina un total de 1.416.846,65 euros ao municipio durante este ano.

Grazas aos fondos provinciais do Plan Único, o concello de Teo poderá mellorar diversas estradas en Casal, Recesende, Rial do Mato, Rarís, Monte, Lamas, Vilar de Arriba, Constenla e San Xoan de Calo. Así mesmo, o goberno municipal decidiu dedicar parte da achega da Deputación para outros investimentos financeiramente sostibles coma a mellora do saneamento en A Ínsua (Luou), a construción de sendas peonís en Calo e Os Tilos e a reurbanización do núcleo de Ribas.

O Concello de Teo tamén acordou asignar 60.700 euros do Plan Único á redución da débeda con entidades financeiras e sanear así as contas municipais. 

Pavimentación de 2.540 metros de camiños rurais

Os dous proxectos que saíron onte a licitación consistirán no acondicionamento dun total de 2.540 metros de camiños de rurais, que supoñen unha superficie de máis de 10.600 metros cadrados.

Por unha banda, a Deputación destina 105.782 euros á repavimentación de viais en Monte e Lamas, o cal supón o 96% do orzamento total de 110.174 euros. Así mesmo, a institución provincial achega 42.005 euros ao afirmado de camiños en Casal e Recesende, que tamén supón o 96% do orzamento das obras.

Estes traballos, que terán un prazo de execución estimado de dous meses, permitirán mellorar os accesos aos núcleos de poboación e incrementar a seguridade viaria, renovando a sinalización horizontal e vertical.

As zonas nas que se actuará presentan problemas de desgaste e desperfectos no acabado superficial, como fendas e baches, debido a súa antigüidade e ás inclemencias climáticas.

Para solventar estas carencias, repavimentarase a totalidade da plataforma das vias. A nova capa de rodaxe consistirá en aglomerado asfáltico de 6 centímetros de espesor, con rego de adherencia de emulsión asfáltica.

Os traballos tamén incluirán tarefas previas de barrido e fresado da superficie, limpeza das gabias, reparación de baches e perfilado de mordentes. Así mesmo, levarase a cabo o recrecido dos pozos de alcantarillado, sumidoiros e tapas de rexistro afectados. Por último, repintarase a sinalización e as marcas viarias con pintura termoplástica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial