O alcalde de Teo reúnese cos pais do CEIP da Ramallosa para falar da preocupación sobre a instalación dunha gasolinera

0

Teo, 15 de novembro do 2017 – O alcalde de Teo, Rafael Sisto, mantivo unha xuntanza con dúa nais do CEIP A Ramallosa para falar da preocupación que existe en parte deste colectivo pola tramitación da instalación dunha gasolinera nas inmediacións do centro escolar. 

Na xuntanza estivo tamén a concelleira de Educación, Pilar Faxil e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus.

No marco desta reunión as nais achegaron case 300 firmas recollidas entre a comunidade escolar, que se opón a instalación da gasolinera. O rexedor comprometeuse a trasladar á Xunta de Galicia, concretamente á Consellería de Industria as firmas e a preocupación.

Dende o Concello acordouse establecer unha canle de comunicación e información de todo o proceso e reclamar calquera acceso á información que dependa da administración autonómica para poder facer un seguemento da tramitación desta instalación.

Neste momento a entidade promotora da instalación só ten licenza municipal para a construción dunha superficie comercial que conta con supermercado, cafetería e zona de aparcamento.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies