Teo inaugura un Banco Municipal de Electrónica

0

Teo, 10 de outubro do 2017 – O Concello de Teo pon en marcha un Banco Municipal de Electrónica, que funcionará nun local na rúa Ameneiro nos Tilos. Este novo servizo inaugúrase hoxe martes e funcionará grazas á implicación de persoal voluntario.

O Banco Municipal de Electrónica recollerá ordenadores e teléfonos móbiles que os seus propietarios doen, e daranlle unha nova vida, preparándoos para ser reempregados por usuarios que os precisen e non dispoñan de medios económicos para adquirilos novos.

Esta iniciativa pretende abordar, por unha banda, a necesidade de dar soporte electrónico aos estudantes que por mor da súa situación económica non poidan contar con equipos informáticos e que, dado que moitos deles non contarán con conexións a internet nos seus domicilios, seranlle entregados con contidos pedagóxicos de uso libre que lles permitirán facer traballos escolares na casa.

Por outra banda, tamén se poderá dotar a persoas con baixos recursos económicos de teléfonos móbiles aptos para servizos básicos de telefonía.

E, finalmente, tamén ten por obxectivo fomentar a reciclaxe de recursos electrónicos que, cunha axeitada posta a punto poden ter unha vida adicional e conter a crecente masa de residuos que o vertixinoso mercado da electrónica está contribuíndo a crear.

O banco será xestionado por voluntarios con coñecementos en electrónica, informática e/ou pedagoxía. Os novos voluntarios que queiran participar poderán facelo poñéndose en contacto co departamento de Promoción Económica do Concello (981.815.700). O horario de recollida de doazóns é de 5 a 8 da tarde, todos os xoves laborais no local do Banco Municipal de Electrónica.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies