Teo incentiva a compra en comercios do concello en Nadal

0

Teo, 2 de decembro do 2017 – Máis de 60 establecementos participan na campaña Tamén no Nadal, merca en Teo posta en marcha desde o concello e que comeza o próximo luns.

A campaña pretende apoiar ao sector, incentivando o consumo nos comercios do municipio tamén durante o Nadal, unha das épocas de maior actividade comercial do ano.

Os máis de sesenta establecementos adheridos á campaña, identificaranse polo distintivo da mesma que figurará nos escaparates. Por cada dez euros de compra, o cliente recibirá unha rifa para participar no sorteo dos premios da campaña.

Sorteo

O sorteo público dos premios efectuarase o día dez de xaneiro. O resultado será publicado na páxina web do Concello e exposto nos establecementos participantes.

O primeiro premio consistirá nun abono anual para a utilización da piscina climatizada municipal da Ramallosa. O segundo premio será unha cea con aloxamento e almorzo para dúas persoas nun dos seguintes establecementos hoteleiros do concello: Pazo de Adrán, Casa Grande de Cornide e Parada de Francos. O terceiro premio é unha actividade de aventura para catro persoas que se desenvolverá dentro do concello, a elixir entre as seguintes: descenso polo Ulla, paintball ou paseos a cabalo.

500 entradas

A piscina climatizada da Ramallosa colabora, ademais, cun premio directo, ofrecendo 500 entradas para maiores de 18 anos á piscina e ao ximnasio das súas instalacións. Serán canxeables dende o inicio da campaña, o 4 de decembro, ata o 15 de xaneiro. Entregarase unha entrada por cada compra superior a vinte euros, ata esgotar todas as dispoñibles.

Comercios participantes

 Dende o inicio da campaña poderase consultar o listado de establecementos participantes na web do Concello. E se aínda queda algún establecemento por adherirse poden facelo chamando ao teléfono 981.815.721.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies