Teo informa do convenio de limpeza nas franxas de protección

0

Teo, 15 de xullo do 2019 – Teo ven de convocar xuntanzas informativas sobre as franxas de protección, en Calo e Cacheiras, para informar da posibilidade de asinar convenios de limpeza con Seaga.

A limpeza de fincas nas franxas de protección é unha obriga dos donos. Dun xeito previo a apertura de expedientes de sanción e execución subsidiaria da limpeza das fincas pódense asinar este tipo de convenios que evitan a necesidade de buscar a alguén que faga o traballo.

A reunión en Calo será este martes 16 ás 20:00 horas no Restaurante San Martiño e en Cacheiras o mércores 17 na Casa Común da Torre ás 20:00 horas. Nas xuntanzas haberá persoal da Xunta e de Seaga para informar aos propietarios das obrigas que teñen e as opcións que oferta a administración autonómica.

Aldeas priorizadas

A Xunta e a Fegamp estableceron un convenio de protección das aldeas fronte aos incendios forestais ao que podían adherirse os Concellos para ofertar aos propietarios a posibilidade de asinar un contrato para que a limpeza a execute Seaga. O Concello de Teo está adherido e ademais dentro do termo municipal establecéronse as zonas de Calo e Cacheiras como prioritarias.

A Xunta estableceu núcleos prioritarios en función da actividade incendiaria e cuns criterios obxectivos, relacionados coa virulencia dos lumes, coa superficie afectada, co risco de ocorrencia de incendios e cos medios e a planificación adoptada para facerlles fronte. Nestas parroquias, a cambio dun prezo fixo de 350 euros por hectárea, é dicir, 35 euros por cada mil metros cadrados, a Xunta procederá á súa limpeza, sen ningún tipo de pago adicional por parte dos propietarios.

As persoas interesadas en asinar estes contratos poden achegarse a estas xuntanzas informativas ou ao Concello para informarse. Unha vez asinado o contrato de xestión de biomasa, Medio Rural fará a limpeza e os titulares dos terreos só terán que pagar eses 350 euros por hectárea, un prezo fixo axustado e vantaxoso con respecto ao prezos de mercado pola execución destes traballos, segundo informan dende Medio Rural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial