Concello e veciños seguen presionando contra a planta da Casalonga

0

Teo, 23 de setembro do 2019 – O concello de Teo ven de remitir un informe sobre o impacto ambiental do plan de restauración da explotación da Casalonga ao mesmo tempo que a veciñanza presenta máis de 1.000 alegacións contra o proxecto.

O informe do concello forma parte do proceso de avaliación ambiental necesario para a restauración da concesión de explotación Casalonga II número 6996. A Xunta solicitaba emisión de informe sobre o procedemento de impacto ambiental con data 20 de agosto dando un prazo dun mes para facelo.

Alegacións contra o plan da CasalongaO informe técnico emitido recolle, nas súas conclusións, que “a tramitación da avaliación de impacto ambiental debe ser ordinaria e non simplificada”. O plan de restauración é parte da propia actividade mineira extractiva, por ser unha obriga inherente e necesaria a esta actividade. Segundo o punto 5 do anexo I da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, serán sometidos á avaliación ambiental ordinaria as explotacións visibles dende autoestradas, autovías, estradas nacionais e comarcais, espazos naturais protexidos, núcleos urbanos superiores a 1000 habitantes ou situadas a distancias inferiores a 2 km de tales núcleos. No caso da Casalonga é visible dende a estrada provincial DP-0205, polo que procede a tramitación de avaliación de impacto ambiental como ordinaria e non simplificada.

Nas conclusións tamén se explica que no plan de restauración presentado non se cumpren as condicións de implantación fixadas no artigo 39 da LSG, concretamente coa condición de garantir o acceso rodado de uso público adecuado á implantación.

Así mesmo destácase que o plan non ten en conta á hora de devolver os terreos ocupados á súa morfoloxía orixinal, as modificacións de provisión de materiais producidas durante o funcionamento da actividade mineira que modificaron de xeito importante a orografía orixinal. Dende o Concello tamén se considera que existe unha discordancia non xustificada entre o ámbito presentado ao DIA(Declaración de Impacto Ambiental) e o ámbito do plan de restauración. O plan tamén contempla modificacións do sistema xeral viario de titularidade municipal existente dentro do ámbito de actuación, sen que exista autorización nin coñecemento por parte do titular do ben.

Máis de 1.000 alegacións

O pasado día 12 aPlataforma Casalonga Limpa de Residuos convocaba unha reunión para explicar a necesidade de presentar alegacións e xeito de facelo. Desde aquela data. só en papel, presentáronse na Xunta de Galicia máis de 1.000 alegacións e calcúlase que foron moitas máis vía internet.

Os dous momentos de maior actividade no rexistro foron o pasado xoves 19, cun grupo de 150 xubilados que se organizaron para ir en buses, e o pasado sábado onde 20 asociacións e uns 300 veciños acudiron entre as 11h e as 14h sen deixar descansar aos traballadores que, con paciencia e profesionalidade, recollían as solicitudes no rexistro.

Non existe un prazo para presentar no proceso pero os veciños decidiron facelo dentro do prazo de alegacións ante a imposibilidade de que a Plataforma, por decisión da Xunta, o fixera en nome de todos. Un veciño declaraba que “Se á plataforma non lle deixan representarnos, teremos que facelo nós, un a un”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial