Teo inicia unha campaña para ensinar a combater a nespra asiática

0

Teo, 13 de xaneiro do 2018 – O Concello de Teo inicia unha campaña para combater a nespra asiática e a súa incidencia no termo municipal cunha charla esta tarde no salón de plenos.

A planificación da loita contra a nespra asiática quere adaptarse a cada época do ano para que a prevención sexa máis eficaz e minimizar a presenza desta especie invasora.

A primeira acción será unha charla aberta á veciñanza hoxe sábado ás 19:00 horas no Salón de plenos da que se encargará o entomólogo Lolo Andrade. Este experto na loita contra a velutina informará das características e o comportamento deste animal e explicará as principais medidas que se poden aplicar desde o punto de vista das persoas particulares para evitar a súa expansión.

Nas próximas semanas está programadas reunións veciñais en diversas zonas para ensinar a construír trampas eficaces contra a velutina. En xaneiro serán en Francos o venres 19 ás 20:30 horas na escola; en Solláns o xoves 25 ás 20:30 horas no local da Baiuca e en Lampai o venres 26 ás 20:30 horas na Casa Común. Máis adiante faranse en Luou, Cacheiras, Vilariño e Reis.

A intención destas charlas polas parroquias é que a xente saiba como atrapar o maior número de raíñas novas de nespra asiática nesta primeira parte do ano para impedir que críen niños. Neste momento estase estudando o sistema que permita distribuír a substancia atraente que asegure o maior éxito de funcionamento das trampas.

En paralelo a estas accións coa poboación programouse unha sesión de formación dirixido ao voluntariado e ao equipo de Protección Civil de Teo. O Concello de Teo, diante dos retrasos nas tarefas de retirada dos niños por parte da Xunta de Galicia, pasa a ser entidade colaboradora nestas labores. Lembramos que os avisos relacionados coa retirada dos niños de velutina danse chamando ao 012.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies