займ срочно

Teo lembra un ano máis a Constante Liste no cabodano do seu asesinato

0

Teo, 2 de outubro do 2018 – Este mércores o concello de Teo lembrará como tódolos anos ao que fora primeiro tenente de alcalde no 36, Constante Liste.

Cúmprense 82 anos desde o asasinato o que se lembrará coa colocación dunha pancarta, as doce do mediodía, no balcón da alcaldía. Ao acto está convidada a corporación municipal e o fillo de Constante Liste.

Liste naceu no 1900 en Ameneiro e foi veciño da Casalonga por razón de casamento. No ano 1932 figura como vogal na directiva do Centro Republicano de Teo e tamén foi presidente do Sindicato de Oficios Varios de Teo e Ames, ó que pertencía na súa condición de canteiro. O 16 de marzo do 36 foi elixido 1º Tenente de Alcalde. Despois do Golpe de Estado foi detido e posteriormente fusilado, presumiblemente en Boisaca xa que o seu corpo nunca se recuperou.

Este mércores está dedicado á memoria no concello de Teo e as sete e media presentase o libro “Historia de la guerra civil contada por dos hermanas” de Lourenzo Fernández Prieto, profesor de Historia Contemporánea da USC, e Gustavo Hervella, licenciado en Historia Contemporánea pola USC. O libro conta a visión da guerra civil dende a óptica de Carlota e Fernanda García del Real, “mulleres independentes e dunha élite liberal acomodada que non responde a posicións políticas encorsetadas” segundo explican os autores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies