Teo móstrase como Cidade amiga da infancia colocando unha placa en Montouto

0

Teo, 29 de maio do 2019 – A partir das seis de esta tarde o concello de Teo mostrará unha placa no parque de Montouto para lembrar que é unha Cidade amiga da infancia.

O Foro de Participación da Infancia e Adolescencia de Teo (Fopia) convida á veciñanza a asistir á colocación. A actividade está organizada e deseñada pola rapazada que forma parte do Fopia en colaboración co persoal técnico do Concello, do Departamento de Benestar. Con este acto visibilízase que desde o pasado mes de outubro a Unicef recoñece a Teo como Cidade amiga da infancia.

Un traballo de meses

Durante o ano pasado realizouse unha labor de análise das demandas e necesidades deste colectivo, para a continuación comezar a traballar da súa man e poder realizar proxectos como a campaña de seguridade viaria que se lanzou o verán pasado.

Unicef valora que a estratexia de traballo coa infancia das entidades recoñecidas atenda aos seguintes obxectivos:

Cada neno e nena é valorado, respectado e tratado xustamente dentro da súa comunidade.

As voces, necesidades e prioridades de cada neno e nena escóitanse e considéranse nas normativas e políticas públicas, nos orzamentos e en todas as decisións que lles afectan.

Todos os nenos e nenas teñen acceso a servizos esenciais de calidade.

Todos os nenos e nenas viven en entornos seguros e limpos.

Todos os nenos e nenas teñen a oportunidade de disfrutar da vida familiar, o xogo e o ocio.

Por iso a colocación da placa que lembra que Teo debe ser unha cidade amigable coa infancia non é casual. Instálase en Montouto, preto dunha área de xogo e esparcemento e nunha das zonas do Concello con máis infancia e adolescencia. Ademais tamén é un espazo residencial con moita poboación.

Programa

O programa Cidade amigas da infancia, que lidera Unicef Comité Español dende o ano 2002, en alianza co Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social; Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Instituto Universitario de Necesidades de Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA), busca contribuír a mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes mediante a promoción e a implantación de políticas municipais que garantan o seu desenvolvemento integral cun enfoque de dereitos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial