займ срочно

Teo nega ter autorizado o uso do campo de Rebordelo ao Celta de Vigo

0

Teo, 25 de setembro do 2020 – O concello de Teo ven de emitir un comunicado no que asegura non ter autorizado ao Real Club Celta de Vigo a usar o campo de Rebordelo.

A polémica xurde pola publicación do propio Celta de Vigo na súa web. Nun PDF no que se informa das escolas para esta tempada, que se pode ver aqui, inclúe a de Teo no campo de fútbol de Calo. A publicación mesmo da datas e horarios

Campo de fútbol de Rebordelo (Calo), Concello de Teo – Santiago
Martes
17:30 – 18:45 PREBENXAMIN e BENXAMIN.
19:00 – 20:15 ALEVIN e INFANTIL.
Os horarios definitivos e reparto de categorías por grupos dependerá do número de inscritos por categoría e do número de grupos.

O departamento de deportes explica que o concello de Teo “non autorizou que ningún equipo de fútbol, agás os teenses, faga uso dos campos de fútbol municipais. As persoas que fagan uso dos campos de fútbol municipais teñen que estar federadas nalgún dos equipos de Teo”.

Teo engade que se poñerá en contacto co Real Club Celta para informarlle “que non pode anunciar unha xornada de portas abertas nunha instalación municipal para a que non ten autorización de uso de ningún tipo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies