займ срочно

Unha “asociación de asociacións” podería sustituir a Chévere

0

Teo, 20 de setembro do 2019 – A nova concelleira de cultura de Teo, Maite Argibay, non  convocará, polo momento, o concurso de residencia que ocupou Chévere e buscará unha maior participación das asociacións.

Xa no mes de xuño contábamos que rematado o contrato de residencia era difícil saber que sucedería. Con un goberno sen formar, e unhas negociacións que se presentaban complicadas, a carteira de cultura podía acabar en calquera dos partidos implicados. Finalmente foi o Psoe o que asumiu a responsabilidade e decidiu non presentar polo momento un novo concurso.

Rematada a residencia e sen intención de renovar o formato a concellería pediu a Chévere que retirara as súas cousas do local da Ramallosa tal e como explica a nova responsable Maite Argibay

A intención en esta nova etapa é implicar máis as asociacións do concello

Argibay valora positivamente o traballo de Chévere pero non cre que haxa que “aferrarse” a esta compañía e non descarta outro tipo de residencias, polo momento buscarán unha “asociación de asociacións”

Preguntada pola nova programación explica que en outubro comeza o mes de teatro pero recoñece que levan só uns días e necesitan tempo para preparar as novas actividades

A despedida de Chévere

Pola súa banda Chévere despediuse do concello cunha nota na que agradece o apoio recibido ” Para nós foron anos de traballo moi intenso e de implicación total nun concello que non era o noso, pero que nos acolleu cos brazos abertos nun momento especialmente difícil para a compañía. Aquí atopamos persoas, iniciativas e proxectos que merecen todo o noso respecto e recoñecemento. Marchamos sentíndonos para sempre parte deste territorio e desta comunidade”.

Hai que lembrar que a compañía ficou en Teo despois dun frutífero traballo de anos na Sala Nasa de Compostela. No comunicado explican tamén a súa versión do que pasou ” A finais do mes de agosto a nova responsable da área de cultura do concello comunicounos que de momento non ten previsto convocar un novo concurso e deunos un par de semanas de prazo para que sacásemos as dotacións técnicas do auditorio municipal, que son de Chévere, e o resto de material da compañía. Non foi posible sequera organizar un acto público de despedida. Así que non parece doado que volvamos ver en Teo unha estrea de Chévere ou unha Ultranoite”.

Imaxe de despedida de ChévereRematan a misiva cunha defensa do modelo de residencia e desexan que a súa marcha supoña un avance para as asociacións do concello ” Para nós e para o sector escénico, ver desaparecer unha convocatoria pública innovadora, que contribuíu a transparentar as relacións entre as empresas culturais e a administración, e que foi unha referencia en todo o estado español, significa unha oportunidade menos de traballar. Agardamos que para a veciñanza e para o concello de Teo sexa un xeito distinto de avanzar e mellorar culturalmente”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies