Obradoiro de autoestima para mulleres en Teo

0

Teo, 26 de maio do 2020 – O concello de Teo programa para o mes de xuño un obradoiro de autoestima dirixido a mulleres.

Organizado pola Concellaría de Igualdade, o obradoiro de autoestima está pensado para reflexionar sobre o coidado dunha mesma e a necesidade de coñecerse despois de dous meses de confinamento.

Xestionar as emocións

Este curso servirá para reflexionar sobre como se afrontaron os últimos meses e aprender a xestionar aquelas emocións negativas que probablemente apareceron nesta etapa.

O obradoiro farase do 3 ao 29 de xuño no Auditorio Municipal Constante Liste con dúas sesións semanais: os luns e mércores de 18:00 a 19:30 horas.  As mulleres interesadas poden anotarse chamando ao teléfono do Centro de Información á Muller (CIM), o 981.938.475. A actividade é de balde e as prazas son limitadas.

Dende o CIM destácase que se cumprirán con todas as medidas de sanitarias e mantemento da distancia física de seguridade.

Esta actividade conta con financiamento de fondos europeos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial