займ срочно

Teo e Padrón acordan reclamacións conxuntas en mobilidade

0

Teo, 7 de febreiro do 2018 – Teo continúa as conversas cos concellos limítrofes para acordar reclamacións en materia de mobilidade e nos últimos días chegou a consensos co de Padrón.

Teo xa puxo en común as demandas en cuestións de transporte e mobilidade cos concellos de A Estrada e Vedra e agora chegou tamén a acordos co de Padrón. As propostas consensuadas serán trasladadas á Dirección Xeral de Mobilidade de cara á licitación dos contratos do novo mapa concesional do Transporte Metropolitano de Galicia previsto para o 2019.

Estrada Padrón Pontevea que une os dous concellos

O alcalde accidental de Teo, Ignacio Iglesias, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández, asinaron un documento no que se valora o servizo actual, no que atinxe aos dous concellos e unha proposta de mellora de servizos. Conchi García, concelleira de Mobilidade de Teo destaca “a importancia deste traballo previo antes da licitación que fará a Xunta xa que debemos indicar cales son as principais carencias dos servizos e as melloras necesarias para que o transporte sexa realmente un elemento vertebrador do noso territorio”.

Na proposta conxunta con Padrón valórase o servizo común aos dous Concellos, unha liña que fai un percorrido con inicio en Xuane e con destino a estación de autobuses de Padrón e pasa por Lampai (os días laborables) e por Lampai e Luou os domingos. Na proposta que se remitirá á Xunta pídese unha nova liña que comunique o sur do Concello de Teo e o nordeste de Padrón co corredor que vai da Estrada a Santiago de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies