A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos prepara alegacións ao proxecto de reastauración

0

Teo, 24 de xullo do 2019 – A remisión, por parte da Xunta ao concello de Teo, do novo plan de restauración da empresa Toysal para a canteira da Casalonga non fixo máis que engadir preocupación a Plataforma que loita contra o proxecto.

A Plataforma considera que pedirlle ao concello un informe sobre o plan antes do 18 de agosto, tendo en conta que é a época máis complicada polas vacacións dos funcionarios e coincidindo cunha organización política do concello sen rematar, é ir en contra da veciñanza.

Ao marxe de esta manobra o colectivo veciñal considera que este novo plan apenas contén modificacións. Este documento é considerado pola Plataforma como “a tapadeira perfecta da empresa para verter 10 millóns de m3 de residuos no monte, o equivalente ao lixo producido en todo calo nos próximos 5000 anos”. Tamén lembran a reunión co Director Xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, na que lle indicaron que “Unha auditoría para vixiar o contido dos residuos non é garantía, queremos que se restaure a canteira con restos da explotación da propia canteira. Ningún residuo de fora. Só desta maneira podemos asegurar que non van a converter o monte da Casalonga nun vertedoiro”.

Próximas accións da plataforma

A plataforma da Casalonga traballa en novas accións para dar a coñecer este novo plan. Consideran fundamental a difusión tanto nas redes sociais, como con pegada de carteis o buzoneo e preparan novas reunións informativas coa veciñanza.

Ademais están a preparar alegacións para cando o proxecto saia a exposición pública, que esperan non sexa no verán, cando o nivel de participación cidadá é máis reducido.

Outra acción na que está a traballar a plataforma é nunha gran mobilización cidadá sen data definida aínda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial