Cancelada a manifestación da Plataforma da Casalonga e varapao da Xunta ao plan de restauración presentado

0

Teo, 11 de marzo do 2020 – A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos decidiu cancelar a convocatoria de manifestación e todos os actos previstos esta semana pola crise do Coronavirus.

Coincidindo coa decisión da Plataforma Casalonga A Xunta decidiu rexeitar o plan presentado por Toysal según informacións publicadas polo xornal La Voz de Galicia na súa edición de Santiago.

Según as informacións do diario, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental rexeita o proxecto de rexeneración presentado. Dito documento pretendía tapar os ocos e a lagoa con residuos de distinto tipo, intención que recibiu un informe negativo por non presentar a documentación precisa. A decisión pode ser recorrida ante a mesma Consellería.

Cancelada a manifestación da Plataforma da Casalonga e varapao da Xunta ao plan de restauración presentadoCancelación de actividades

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos decidiu cancelar a rolda de prensa, a recollida de sinaturas e a manifestación convocada para o próximo domingo pola crise sanitaria vinculada ao Coronavirus.

O colectivo explica que as previsións eran de conseguir unha participación histórica. Máis de 80 asociacións culturais e deportivas da contorna así como movementos ecoloxistas de toda Galiza manifestaron o seu apoio pero decidiron priorizar a seguridade veciñal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial