A Plataforma Casalonga denuncia a Augas de Galicia e convoca manifestación para o domingo

0

Teo, 25 de outubro do 2019 – A Plataforma Casalonga Limpa de residuos denunciará a Augas de Galicia por permitir o baleirado da lagoa, cun informe feito hai unha década cando nin existía, e convoca unha manifestación para o próximo domingo.

A plataforma ven de publicar ademais un vídeo nas redes sociais no que mostra como os traballos continúan na canteira da Casalonga pese a estar pendente una petición de suspensión da actividade.

O colectivo veciñal insistira nos últimos meses que a lagoa era a mostra da restauración do espazo da canteira xa que acollía unha biodiversidade única na contorna (falcón peregrino, fochas de auga, patos de distintas especies…). Os traballos que se realizan e o baleirado acabaran con esta riqueza medio ambiental co fin, según a Plataforma, de encher o oco con residuos de todo tipo.

Lago da CasalongaCasalonga Limpa de residuos convoca unha mobilización veciñal este domingo 27. A saída está prevista para as 11h na entrada da pista da canteira na Casalonga, a continuación percorrerá esa rúa ata chegar ao pé da explotación onde se lerá un comunicado.

A Plataforma considera que a autorización do baleirado e a permisividade da Dirección Xeral de Minas co paso de maquinaria pesada, pese a exceder o límite de tonelaxe e incumprir por tanto as normas de seguridade, son razóns suficientes para a convocatoria de este domingo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial