Denuncian o baleirado da lagoa da canteira da Casalonga en Teo

0

Teo, 22 de outubro do 2019 – A Plataforma veciñal Casalonga Limpa de Residuos comunicou á Garda Civil, co fin de que o puxera en coñecemento do Seprona, os traballos para baleirar a Canteira da Casalonga.

Según o colectivo este baleirado estase facendo por medio dun regato que pasa por Fracos e discorre cara ao río Tinto. Concello e Plataforma solicitaron a paralización cautelar dos traballos na Canteira ante a Dirección Xeral de Minas xa que este organismo foi o que recentemente iniciou un expediente de caducidade sobre os permisos da explotación.

Canteira CasalongaCon este baleirado permítese a baixada de esporas da herba da pampa, catalogada como unha das especies máis invasoras do mundo, cara ao río Tinto polo que de alí poden pasar ao Sar e o Ulla. O mesmo sucede coas percas que na actualidade viven na Casalonga.

Sempre según o colectivo veciñal, para realizar estes traballos estase a utilizar maquinaria que excede a limitación de 4,5 toneladas da pista. A plataforma solicita colaboración veciñal para conseguir fotos de calquera maquinaria ou camión que alí se atope e facelas chegar á plataforma a través das diferentes redes sociais, coa intención de denunciar este feito.

Canteira CasalongaExplican tamén que esta non é a única irregularidade. A Plataforma di que non entende “como tendo un expediente de caducidade iniciado e sen plan de restauración a empresa pode comezar a baleirar a lagoa e a realizar os traballos de explotación? Por que a Dirección Xeral de Minas garda silencio ante as solicitudes, tanto da plataforma como do concello, de paralización cautelar da actividade? Como pode ser que comecen coa actividade sen cumprir nada do plan de seguridade que a empresa entregou en Minas? Quedando a explotación totalmente aberta a unha vía pública cos perigos que isto conleva. Quen é responsable de que sega en vixencia o permiso de augas de Galicia para o vertido de auga que data de antes da quebra da anterior empresa? Cando as transformacións acontecidas no hábitat co paso dos anos foron profundas.

Como non se dan conta da irreversibilidade da actuación? O hábitat de multitude de aves, entre outras garzas reais, falcóns peregrinos ou cormoráns, destruirase”.

Na actualidade toda a explotación está pendente da resolución da Dirección Xeral de Minas. Tras a paralización do proxecto de planta de biogás e as máis de mil alegacións presentadas pola veciñanza á declaración de impacto medioambiental a resolución do ente autonómico abrirá un novo período de alegacións públicas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial