A convocatoria de Casalonga Limpa de Residuos reúne a máis de cen persoas en Teo

0

Teo, 2 de xullo do 2020 – A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos reuniu na tarde do martes a máis de cen persoas na asemblea informativa celebrada na carballeira de Francos.

Casalonga Limpa explicou á veciñanza que a ameaza de converter a canteira nun gran vertedoiro encuberto segue a ser real dous anos despois da constitución da Plataforma.   A última información oficial é que Medio Ambiente arquivou en marzo o segundo Plan de Restauración da canteira (a 4 días da manifestación convocada pola Plataforma) que consistía en meter máis de 10 millóns de m3 de lixo e botarlles terra por riba.

A convocatoria de Casalonga Limpa de Residuos reúne a máis de cen persoas en TeoPor outra banda a Consellería de Enerxía e Minas mantén vixente o dereito de explotación mineira na canteira. Isto significa según a Plataforma que en calquera momento Toysal podería baleirar a lagoa de xeito controlado. Coa lagoa baleira a empresa podería proceder con voaduras e ampliar o burato co fin de meter máis lixo no seguinte Plan de Restauración que presente. Si esto sucedera Toysal non se vería obrigado a presentar ningún plan especial para protexer a biodiversidade da lagoa.

A convocatoria de Casalonga Limpa de Residuos reúne a máis de cen persoas en TeoA Plataforma, ademais de ter denunciado á Consellería de Medio Ambiente do baleirado incontrolado da lagoa, solicitou a paralización da actividade mineira mentres non estea aprobado o Plan de Restauración.  Para casalonga Limpa é un contrasentido que unha Consellería, a de Medio Ambiente, resolva protexendo a lagoa e a súa biodiversidade para que outra consellería, Enerxía e Minas, permita destruíla mantendo vixente o dereito á actividade mineira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial