Casalonga Limpa de Residuos reúne en 3 días a 3.000 persoas en contra da Canteira

0

Teo, 28 de outubro do 2019 – A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos reuniu en 3 días a 3.000 persoas nunha manifestación que protestou polo inicio das obras na canteira.

Manifestación Canteira

imaxe Moncho Rivadulla

Pasadas as 11:20 arrincou a marcha cara a canteira. O descubrimento do baleirado da lagoa hai unha semana motivou diferentes denuncias dende a plataforma (a Augas de Galicia en fiscalía e en Medio Ambiente, a Dirección Xeral de Minas e a Medio Ambiente), e foi o detonante da convocatoria exprés.

Na manifestación, que se desenvolveu nun ambiente distendido, destacaron, ademais de numerosas camisetas e “piruletas” da plataforma, pancartas caseiras con diferentes motivos e lemas, como as protagonizadas polos patos e ras da canteira que se preguntaban a onde irían agora.

Manifestación Canteira

Imaxe lorena Cao

Xa a altura da lagoa procedeuse a un acto de peche no que a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos informou aos asistentes dos movementos que tanto a empresa explotadora da canteira como a propia plataforma fixeran na última semana, dende que se tivo noticia do inicio do proceso de baleirado ata a súa paralización temporal coa correspondente sanción aos responsables da vertedura. Con todo, os asistentes puideron comprobar que a devandita paralización foi ordenada pero non executada pois continúa a fluír auga da canteira.

Manifestación Canteira

Imaxe Lorena Cao

Este acto final tamén contou coa intervención do biólogo Pablo Gómez Sande, quen alertou da contaminación biolóxica que se está a producir co baleirado da lagoa, debido á liberación de especies exóticas potencialmente invasoras que se atopan na lagoa da canteira, como o carpín dourado ou o plumeiro da Pampa.

A noticia de última hora que comunicaron dende a plataforma e que os manifestantes escoitaron co corazón encollido foi a confirmación de voaduras na canteira para este martes ás 10:30. Tras escoitar a noticia, os asistentes comezaron a comunicarse uns aos outros a necesidade de xuntar xente este martes á mañá na canteira para impedilas.

Finalmente, rematouse coa petición ao goberno autonómico da paralización inmediata dos traballos da canteira. Aínda que se recordou á veciñanza que hai que seguir en loita pois só cambios nas leis autonómicas ou estatais poden paralizar para sempre este atentado contra a saúde pública que se está a producir ao permitirse que antigas canteiras poidan converterse en vertedoiros coa escusa da súa restauración.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial