Novo vertido contaminante da lagoa da Casalonga en Teo

0

Teo, 1 de xullo do 2020 – A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos denunciou ante Medio Ambiente un novo vertido contaminante pola apertura dunha válvula que xa fora precintada por Augas de Galicia.

O pasado 25 de xuño Casalonga Limpa descubría esta situación que tiña como primeira consecuencia o baleirado da lagoa sen control e que as especies invasoras se  espallaran de xeito incontrolado polo monte abaixo. Ademais no monte da canteira nacen as minas de auga que abastecen ás poboacións da contorna que se atopan en evidente perigo de contaminación pola filtración das augas subterráneas.

O día 27 pola tarde, tras as denuncias presentadas, a válvula pechouse aínda que a contaminación xa se producira. A Plataforma convocaba a toda a veciñanza a unha reunión na tarde de onte martes para explicar que os problemas de contaminación e o perigo de que converter a lagoa nun vertedoiro seguen vixentes.

Novo vertido contaminante da lagoa da Casalonga en TeoDesde a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos explican que a última información oficial é que Medio Ambiente arquivou en marzo o segundo Plan de Restauración da canteira da Casalonga (4 días antes da manifestación convocada que se suspendeu polo estado de alarma); este plan consistía en meter máis de 10 millóns de m3 de lixo e botarlles terra por riba.

A Consellería de Enerxía e Minas mantén vixente o dereito de explotación mineira na canteira o que, según o colectivo, significa que en calquera momento Toysal podería baleirar a lagoa “controladamente” e proceder con voaduras acabando coa súa existencia, desta maneira podería ampliar o burato para poder meter máis lixo no seguinte Plan de Restauración que presente e non mencionar ningunha medida especial para protexer a biodiversidade do lugar.

A Plataforma, ademais de denunciar á Consellería de Medio Ambiente o baleirado incontrolado da lagoa, solicitou tamén a paralización da actividade mineira mentres non estea aprobado o Plan de Restauración.

A Plataforma lembra tamén que só unha modificación lexislativa que impida restaurar as canteiras con residuos externos acabará co perigo de converter as canteiras galegas en vertedoiros encubertos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial