A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos pide a implicación da veciñanza en forma de alegacións

0

Teo, 29 de agosto do 2019 – Despois da aprobación do plan de restauración da canteira, e da imposibilidade legal de que a Plataforma Casalonga forme parte do proceso de alegacións, o colectivo pide a veciñanza que presente alegacións de xeito particular.

O certo é que o futuro da canteira da Casalonga transita por dúas vías distintas. Por un lado a Xunta ven de aprobar o plan de labores de Toysal e o baleirado da lagoa. Por outra banda, tal e como reclamaba a Plataforma, abriuse un expediente de caducidade da concesión mineira do que desconfía case todo o mundo xa que non para o plan de restauración.

A esta situación hai que engadir a comunicación recibida por Casalonga Limpa de que non ten lexitimidade para presentarse no expediente adminis­trativo. Por este motivo, e tendo en conta que o prazo de alegacións remata o 21 de setembro, o colectivo fai un chamamento á veciñanza neste para perso­arse de forma masiva e conseguir miles de alegacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial