A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos leva recollidas máis de 500 alegacións

0

Teo, 16 de setembro do 2019 – A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos contabiliza máis de 500 alegacións presentadas contra o Plan de Restauración da Canteira.

O 20 deste mes remata o prazo para presentar as alegacións contra o proxecto de Toysal. Coa data tan cercana a Plataforma organizou a pasada semana unha reunión informativa que conseguiu que 3 días despois a implicación da veciñanza fora absoluta.

alegacións CasalongaEsta fin de semana a plataforma Casalonga Limpa de Residuos estivo no local social da Igrexa de Calo polas mañás para atender dúbidas e recoller alegacións da veciñanza que así llo solicitara.  Entregaron alegacións de todo tipo, as máis comúns eran sobre a contaminación da auga das minas e dos pozos das casas, os malos olores, as plagas de insectos e roedores, o aumento de tráfico pesado cargado de residuos, a preocupación polos meniños da unitaria de Casalonga (a 900m da zona cero) e do colexio de Calo (a menos de 2km). Pero tamén hóuboas sorprendentes como unha que acompañaron do artigo dun periódico de agosto do 1991 onde o titular da noticia “Una lluvia de piedras causó pánico en un pueblo de Teo” da a entender o sufrimento que tiveron que pasar xa os habitantes da comarca coas explosións da antiga canteira. “A que máis nos enterneceu foi a dunha nena que, acompañada pola súa nai, quixo contribuír coa súa alegación, un debuxo que expresaba perfectamente o sentir de todos” di unha representate da plataforma.

Na páxina casalongalimpa.gal pódese acceder ao vínculo para facer a alegación on-line e tamén descargar o modelo de alegacións. “Moita xente vai a alegar on-line, pero o procedemento xera certa desconfianza e sabiamos que outras persoas optarían por escribir a man e facer a entrega por rexistro. Aínda así o número de persoas que pasaron polo local social nesta fin de semana, máis de 500, sorprendeunos e emocionounos enormemente” di un membro da plataforma.

“Eu quédome cunha señora de 90 anos que veu ata o local andando dende a súa casa con pasos pequeniños e apoiada no seu bastón. O sentimento de orgullo por pertencer a este pobo hoxe sentino máis ca nunca” di outra representante da plataforma. 

O prazo para alegar remata este venres 20 de setembro polo que estímanse acadar miles de alegacións diferentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial