Polémica nas redes por unha reunión de Toysal co concello de Teo

0

Teo, 27 de xullo do 2020 – A posibilidade de que Toysal converta a canteira da Casalonga en Teo nun vertedoiro é unha ameaza que mantén aos veciños preocupados e calquera movemento supón abrir un debate.

A pasada semana foi a propia empresa, Toysal, a que solicitou unha entrevista co alcalde de Teo. Ao encontro asistiu o solicitante, Victor Manuel Toca, o alcalde Rafa Sisto, a portavoz socialista e Tenente de alcalde Uxía Lemus, a Secretaria Xeral, o Arquitecto municipal e un asesor legal da empresa.

Según a nota do propio concello na reunión “tratáronse temas propostos pola empresa, sobre os que os representantes municipais aclararon cuestións técnicas e administrativas, dentro das competencias medioambientais e urbanísticas municipais”.

Debate nas redes

Todo quedaría nunha reunión se non fora por unha publicación no facebook do representante do BNG no concello, Manuel Ánxo Fernández Baz, que aludía tan só a presenza da voceira socialista ” Darlle voz a Toysal a porta pechada é un insulto para a veciñanza de Teo. Señora Uxía Lemus esiximos unha explicación”.

Desde as filas socialistas se preguntaron porque si asistiron distintas persoas a reunión só se facía mención a voceira. O Secretario de organización Local, José Manuel Elías Noya, emitía unha publicación na que dicía ademais que “Os Socialistas non vamos a consentir que se manche o nome da nosa Secretaria Xeral, que nesa xuntanza foi  atacada verbalmente,  con ameazas veladas de prevaricación por defender o monte da Casalonga, por defender Calo”, algo que deixaba entrever que a reunión non foi tan calmada como nun principio pareceu.

Unha ameaza que permanece

A Canteira da Casalonga está recuperada como lagoa que acolle moitas especies animais e vexetais. A empresa intentou xa en máis dunha ocasión o baleirado pero polo momento as protestas, as alegacións ante a administración e a unión dos veciños conseguiron parar eses intentos. A loita política nun tema tan importante está fora de lugar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial