Reclaman melloras na Rúa Pena Escorredía de Teo

0

Teo, 19 de xullo do 2019 – O Partido Popular de Teo ven de reclamar ao goberno municipal que poña solucións aos moitos problemas denunciados pola veciñanza da Rúa Pena Escorredía.

Según explican os populares a zona da Rúa da Pena Escorredía sofre claros síntomas de abandono municipal. Ausencia de papeleiras, antigos postes de luz en estado ruinoso sen retirar ou coches abandonados son algunhas das principais queixas que a veciñanza lle trasladou aos concelleiros do grupo municipal.

imaxe dos problemas na rúa pena escorredíaJosé Manuel Guerra, portavoz da formación, faise eco de estas demandas e por ilo rexistrou unha solicitude formal na que se prega solución ás peticións formuladas. Según dixo “a presenza de antigos postes da luz en estado ruinoso, non soamente evidencian o estado lamentable de coidado por parte do Concello, senón que resultan un auténtico perigo pola fráxil estrutura. Estes son unha mostra, mais non a única, da decadente situación. A ausencia de papeleras en toda a zona deixa ver ás claras a nula preocupación do concello pola situación da rúa. Un coche abandonado dende hai máis de medio ano, forma parte tamén desta paisaxe da deixadez que se albisca na rúa”.

Xa na pasada lexislatura, os populares téñense feito eco das numerosas zonas en estado de abandono que proliferan en Teo. Aínda que habitualmente afectan ao rural teense, non deixa de ser menos certo que nestes últimos tempos, según os popuares, cada vez hai máis zonas urbanas que tamén sofren esta deixadez. Se hai unhas semanas era a veciñanza de San Sadurniño ou dos Tilos polos baches e fochancas das súas rúas, hoxe correspóndelle a esta zona de Montouto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial