Solicitan a comparecencia da concelleira de Igualdade de Teo

0

Teo, 14 de outubro do 2019 – O Partido Popular de Teo ven de reclamar a comparecencia da Concelleira de Igualdade, Iria Otero, pola presunta perda dunha axuda da Federación Española de Municipios e Provincias.

Os populares explican que as informacións que manexan din que a concelleira de igualdade pretendeu, presuntamente, contratar a unha empresa da súa preferencia saltándose os prazos preestablecidos, os criterios dos especialistas e cun presuposto que duplicaba o doutras entidades. Despois de revisar o expediente da subvención rexeitada consideran que as dúbidas sobre os feitos non quedan resoltas e precisan aclaración.

Os feitos

Sempres según o Partido Popular de Teo o día 10 de setembro, Iria Otero, titular da área de igualdade, comunica por escrito a súa intención de contratar unha entidade para levar a cabo un proxecto de igualdade para o cal o Concello recibiu a concesión de 10.000€.

Ao día seguinte, rexístrase no Concello formalmente unha carta no que se da a coñecer que o persoal municipal avanzou no proceso de selección solicitando propostas a diferentes empresas e indicando que o 6 de setembro decidirían a entidade seleccionada. Nese escrito faise saber que o mesmo día que remataba o prazo a concelleira informou que “agardaba” por unha nova oferta doutra empresa. Cinco días máis tarde, indica que a entidade que debería facelo era a que ela propoñía, ningunha das seleccionadas polo persoal especialista no Concello.

A raíz destes feitos, no momento en que se vai pública a discutible “manobra” da concelleira a través da mencionada carta, o alcalde remite un escrito ao Ministerio segundo o cal se rexeita a subvención recibida.

Preguntas do Partido Popular

Considerando a gravidade da información coñecida de primeira man a través do expediente, os populares queren que se lle dea a coñecer aos teenses cales foron os criterios polos cales se admitiu unha proposta fora dos prazos previamente marcados e sen ter en consideración aquelas outras dúas ofertas que as especialistas consideraban as mellores. Esixen que a concelleira explique por qué motivo quixo contratar a outra empresa e cales eran os argumentos que xustificaban o pago dunha factura que duplicaría a doutras entidades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial