Teo prepara xa o Festeo 2018

0

Teo, 29 de maio do 2018 – O concello de Teo prepárase para o Festeo 2018, a festa das asociacións municipais que se celebrará na Carballeira de Francos. Este evento coincidirá ademais coa Feira da Terra que organiza a Asociación Veciñal San Martiño.

Festeo 2016

O domingo 10 de xuño é o día elixido para o Festeo 2018. Nos últimos días pecháronse os detalles da programación, que comeza ás 12:00 horas coa primeira actuación a cargo do grupo de guitarra da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos. Ás 12:30 horas, intervirán Chévere, Aspamite e a Banda Cultural de Teo. Ás 13:15 horas, ofrecerase unha mostra de break dance e ás 13:30 horas será o momento de ver o grupo Batuko Tabanka, de folclore de Cabo Verde.

Xa pola tarde, ás 16:15 horas actúan As Pandeireteiras de Cruceiro do Monte e ás 16:30 horas Pesdelán coa súa proposta de música familiar. Para as 17:00 horas están programadas na capela as actuacións das corais e dos grupos de teatro. E a partir das 18:00 horas desenvolverase a mostra de música e baile tradicional de Teo, coas agrupacións da Mámoa, a AC Rosalía de Castro de Cacheiras, a SR de Calo, A Regionalista e A Pontevella.

FesTeo 2016

FesTeo 2016

Concerto de Sés

Para rematar a xornada, ás 20:30 horas comezará o concerto da cantautora coruñesa María Xosé Silvar ‘SES’. Ao igual ca o resto da xornada, o acceso será libre e gratuíto.

Feira da Terra

Coincidindo co FesTeo celébrase tamén na Carballeira de Francos a Feira da Terra, organizada pola asociación veciñal Carballeira do San Martiño. Entre as 12:00 e as 18:00 horas contará con postos de alimentación e artesanía, a iniciación de roteiros para a infancia, diversos obradoiros con actividades de lecer para nenos e nenas e persoas maiores, exhibición de drons e mostras deportivas de skate, taekwondo e fútbol americano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies