займ срочно

Teo prepárase para o Libreteo 2018

0

A terceira edición do Libreteo preséntase como a mais ambiciosa ata o momento. Este encontro que naceu para impulsar obradoiros de software libre e charlas en torno a rede ofrece en este ano unha oferta chea de temas de actualidade. A accesibilidade, a seguridade na rede ou a liberdade de expresión son cuestións que terán o seu espazo o día 28 de abril na Ramallosa.

Falamos con Conchi García, concelleira de turismo, transporte, comercio e emprego para coñecer un pouco máis este Libreteo 2018 e comezamos falando da denominación xa que si o ano pasado era o Libreteo 2.0 este ano é o 2018

A accesibilidade é unha das teimas nas que a tecnoloxía máis pode axudar. O obradoiro Accesibilidade para todos no día a día, estará impartido por Fatima García Doval, doutora pola USC en tecnoloxía e sistemas aumentativos / alternativos de comunicación

Outra das preocupacións que nos últimos meses están presentes en todas partes son as da seguridade na rede, o día 28 José Manuel Sendín será o encargado de esta cuestión

O concello de Teo está inmerso nun proxecto que permitirá dotar dunha infraestrutura na que os veciños poidan explorar o mundo da radio e das gravacións, como anticipo o encontro ofrece un obradoiro moi interesante sobre radio comunitaria

Pero sen duda o prato forte será unha mesa redonda sobre liberdade de expresión na que participaran xornalistas de primeira liña, tanto que algún incluso está inmerso en algún xuízo polas súas opinións

Tedes toda a información na web e a través dela tamén podedes anotarvos nos distintos cursos ou charlas

https://libreteo.gal/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies