Ángel Suanzes presenta en Teo o poemario ” E se a memoria está na boca”

0

Compostela, 8 de xullo do 2020 – “E se a memoria está na boca” é o primeiro poemario do xornalista Ángel Suanzes, unha publicación que mestura os versos do autor coas fotografías de Clara Honorato.

A primeira presentación pública de E se a memoria está na boca terá lugar o próximo 11 de xullo na Casa comun de Francos (Teo). Ao evento asistirán o autor, Ángel Suanzes, a fotógrafa, Clara Honorato, e o editor, Wladimir Vaz. Ademais, tamén se contará coa presenza dos actores Xosé Barato e Rocío González e coa xornalista Pilar García Rego, que recitarán diversos poemas do libro para dar paso a unha actuación da banda “Blues do País”.

Ángel Suanzes presenta en Teo o poemario " E se a memoria está na boca"

Ángel Suanzes

Nunha viaxe a través da ausencia, o desacerto, a fraude e outros desencantos, o autor presenta neste libro o tempo como única solución do desamor. “Por iso a memoria”, di Suanzes, “por iso a néboa que sacude todo, por iso as fiestras e os reflexos, e por iso, esas fotografías que aportan todo o abandono que só o visual é quen de transmitir”.

Ángel Suanzes presenta en Teo o poemario " E se a memoria está na boca"

Clara honorato

Na lapela, a escritora Iolanda Zuñiga describe os textos que o compoñen como  “unha secuencia de fotogramas que o autor arrebola coma proxectís, co propósito de perforar a carne da lectora, sen danarlle os órganos, mais procurando que a metralla desalentada enquiste, e levede, nas súas entrañas”.

Ángel Suanzes presenta en Teo o poemario " E se a memoria está na boca"O autor, que concibe o poemario como un proceso de desvestir o interior para que quede á luz, propón en E se a memoria está na boca un diálogo, unha conversa con alguén que non ten que ser necesariamente unha posible lectora. Deste xeito, Ángel Suanzes convida a quen se achegue ao libro a adentrarse nun xogo que busca a conversa entre diferentes narradores no espazo/tempo. “Gustaríame que algún día, se houbera lectoras, xogaran a completar elas a súa propia frase entre aspas. Que a poesía non quedara nun monólogo e poidera dar lugar a un diálogo e a unha escoita para a aprendizaxe”, engade.

Ángel Suanzes presenta en Teo o poemario " E se a memoria está na boca"

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial