займ срочно

Teo programa unha ruta polo Ulla para mozos de 12 a 18 anos

0

Teo, 6 de abril do 2021 – O concello de Teo organiza unha nova actividade, dentro do proxecto Escola ecoloxista, destinada a mozos de 12 a 18 anos.

A cita programada por Teo para este sábado 10 de abril consistirá nunha ruta a beira do río Ulla. Trátase dun paseo para analizar fortalezas e debilidades do espazo dende unha perspectiva ecoloxista pero onde tamén hai lugar ao xogo como estratexia de aprendizaxe.

Este lugar está declarado espazo protexido a nivel europeo pola Rede Natura 2000, dada a súa importancia e valor ecolóxico. O entorno non deixa de ter ameazas, derivadas da presión humana, como son as especies invasoras, a estación depuradora ou proxectos de infraestruturas sobre o seu curso que é preciso analizar.

As participantes inscritas comezarán a ruta ás 11 horas a carón da ponte medieval de Pontevea e partirán dirección ao Xirimbao, lugar de final de ruta. Os grupos serán, seguindo a lexislación vixente, de seis participantes para o cal se ofertarán doce prazas en dous grupos diferenciados.

As persoas interesadas deben escribir un correo-e a mocidade@teo.gal cos datos da participante. A scola ecoloxista de Teo é unha iniciativa que nace coa intención de ser un lugar de encontro para a mocidade no que poidan achegarse á ecoloxía social.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies