Teo rebaixa o custo do deficit de xestión da auga no primeiro ano de administración pública

0

Teo, 25 de xaneiro do 2017 – O alcalde de Teo, Rafael Sisto, vén de presentar a memoria do primeiro ano de funcionamento do servizo público Augas de Teo, responsable da xestión de depuración e saneamento de auga.

A valoración, á vista das cifras, só pode ser positiva e optimista. Segundo destaca o rexedor “coa xestión directa do servizo logrouse reducir o déficit do servizo en máis de 200.000 euros con respecto ao último ano de xestión privada, o que confirma a eficacia da xestión pública do ciclo integral da auga”.

Augas de Teo comezaba a funcionar o 1 de outubro de 2015 cando o Concello recupera a xestión deste servizo esencial, que ata daquela en Teo estivera en mans privadas, concretamente xestionado por Viaqua. Hai que lembrar que no caso teense no 2007 o último goberno do PP realizar unha prórroga ilegal do servizo por case 30 anos. Esta situación conseguiu revertirse, nun longo procedemento administrativo, que rematou coa declaración de nulidade de pleno dereito da prórroga coa posta en funcionamento do servizo público en outubro do 2015.

A memoria do primeiro ano de Augas de Teo analiza os datos económicos establecendo, con xestión privada, no 2013 un déficit de -346.946 euros, no 2014 de -383.559 euros. Xa con xestión pública o 4º trimestre do 2015 e os tres primeiros trimestres do 2016 deixan un déficit de -178.198 euros, polo que a reducción é de 200.000 euros.

O responsable político do servizo tamén explica que se ten dado “unha importante reducción de custos na execución de obras de ampliación de rede ao conseguir aforros superiores ao 40% do que viña facturando a empresa concesionaria”.

Factura enerxética

Chama a atención que a factura eléctrica supón máis dun 37% do custo total do servizo, un elemento que distorsiona fortemente o capítulo de gastos. Á vista destes resultados xa se ten encargada unha auditoría enerxética para establecer medidas redutoras desta factura, sobre todo na ETAP e nos bombeos, sempre facendo compatibles estas accións co mantemento da calidade do servizo.

Melloras nas instalacións

Un capítulo a destacar é o deficiente mantemento constatado nas diversas instalacións que obrigou nestes doce meses, a que o Concello fixera actuacións urxentes, quedando outras pendentes a acometer neste neste 2017.

 A ETAP de Pontevea tiña unha serie de deficiencias e xa se investiron 9.000 euros para instalar novos mecanismos e infraestruturas nos depósitos e nos sistemas de filtrado. Na depuradora dos Tilos gastáronse 14.000 euros para rehabilitar a deshidratación de fangos e fíxose un pozo de barrena para garantir este proceso. Na EDAR de Pontevea xa se duplicaron as horas de funcionamento do reactor e vanse repoñer nestes días as sondas de osíxeno que faltaban. A empresa deixara inactivo o sistema de cloración do bombeo de Pedrouso, que dende o servizo público xa se repuxo, ademais de mellorar a seguridade eléctrica e instalar unha nova bomba. Nos próximos meses acturarase na depuradora de Calo na que se gastarán 40.000 euros para a reixa de fangos e repoñer lámpadas de desinfección.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial