O goberno de Teo retoma as reunións veciñais nas parroquias

0

Teo, 3 de outubro do 2017 – O goberno municipal de Teo (SondeTeo-Anova-PSdG-PSOE) retoma as xuntanzas nas parroquias este mércores 4 de outubro en Reis.

O encontro será no local da Ponte Vella ás 21:00 horas e asistirán o alcalde, Rafael Sisto, ademais de varios/as concelleiros/as. Estes encontros nas parroquias están planificados para falar e escoitar á xente, recoller suxestións da veciñanza e aclarar cuestións de interese en cada zona.

En outubro están programados outros dous encontros nas parroquias de Rarís e Lampai. En Rarís será o xoves 19 de outubro na Casa Común ás 21:00 horas e en Lampai o xoves 26 de outubro tamén na Casa Común ás 21:00 horas.

Estas reunións continuarán nos meses de novembro e decembro con datas xa fixadas:

2 de novembro: Cacheiras-Montouto

9 de novembro: Luou

16 de novembro: Recesende

23 de novembro: Vilariño

30 de novembro: Francos (Calo)

14 de decembro: Bamonde

Máis adiante, determiranse e anunciaranse as datas dos encontros nos Tilos, en Lucí, en Solláns, en Calo, na Torre e en Teo.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies