Teo informa sobre novas rutas do TeoBús

0

Teo, 5 de setembro do 2019 – O concello de Teo afronta un novo curso na procura de cambios nas rutas e paradas do TeoBús, o transporte municipal entre parroquias.

Este mes de setembro estas novas liñas do TeoBús serán as protagonistas de catro reunións nas que se recollerán as necesidades de cada zona. Esta información servirá ao servizo de mobilidade do concello ao deseño das novas frecuencias de paso e dos lugares polo que discorrerá o transporte.

A primeira reunión será hoxe, 5 de setembro, na Casa Común de Teo para as parroquias de Bamonde, Teo e Vilariño. Seguirán as xuntanzas na Casa Común de Reis o día 12, na Casa Común de Lampai o día 19 e na Casa Común de Rarís o 26. Todas están previstas para as 20.00 horas.

Complementar o novo transporte comarcal

A área municipal de Mobilidade explica que este é o momento de reformular e ampliar o servizo do TeoBús ás zonas que carecen del porque a Xunta ten en exposición pública os anteproxectos de explotación das liñas de transporte público. Se non se modifican no prazo de alegacións van supoñer unha mellora das comunicacións en Teo porque recolleron as demandas efectuadas en conxunto cos Concellos de Ames, A Estrada, Padrón e Vedra.

O primeiro contrato programa acadado coa Xunta só permitira unha das rutas circulares propostas, a existente na actualidade entre os corredores das estradas AC-841 e N-550, deixando as zonas sur e leste sen o servizo.

NOvas liñas no TeobúsA chegada do TeoBús a novas zonas facilitará que a poboación poida acudir a puntos de interese como a Casa do Concello, os centros de saúde, os xulgados ou a piscina municipal, ademais de conectar co propio transporte metropolitano.

Alegacións aos proxectos de explotación do transporte

Por outra banda o Concello ten remitido á Dirección Xeral de Mobilidade alegacións aos proxectos de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros, concretamente aos proxectos XG804/ XG807/XG817/XG847 e XG860 que afectan ao termo municipal de Teo. A concelleira de Mobilidade, Iria Otero, explica que “os proxectos en exposición pública recollen melloras importantes para a mobilidade do Concello e agardamos que finalmente se poidan concretar sen que este prazo de exposición pública poida servir para que se realicen recortes sobre as coberturas presentadas”.

O Concello de Teo tiña feito un importante traballo previo en colaboración cos concellos limítrofes e tiña trasladado á Xunta as necesidades de mellora en cada unha das zonas. Os anteproxectos presentados na Xunta no seu momento pódense consultar aquí. Algunhas das demandas como a liña cirdular Ames-Teo-Santiago é unha das que se recollen nos anteproxectos presentados pola Xunta.

A pesares desto si se presentaron alegacións a varios dos proxectos xa que se poden implementar melloras ou corrixir erros. Destacan as da Ruta XG-80734 IES Cacheiras-Rúa do Carballo-Tilos e a XG-80720 CEIP Os tilos-Che, dúas liñas escolares que aparecen como integradas. Esto quere dicir que se hai vacantes as pode utilizar calquera usuario de transporte público. Dende o departamento de Mobilidade municipal alégase que se trata de liñas nas que non se xustifica a integración, por ter servizos alternativos na mesma ruta e por tratarse de zonas con alta densidade de poboación escolar con alta demanda. Esto pode provocar que a oferta de prazas vacantes fluctúe moito e o servizo ao usuario non escolar non se manteña. “Chama a atención especialmente o tema do IES no que esta liña integrada pode provocar un problema ao estudantado de bacherelato que neste momento fai uso de transporte escolar gratuíto e agardemos que esta idea da Xunta non acabe derivando nun problema para este alumnado” destaca Iria Otero.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial