Roteiro para recoller as herbas de San Xoán

0

Teo, 12 de xuño do 2020 – O concello de Teo organiza un paseo pola Ruta das Muiñeiras, o martes día 23, para recoller herbas de San Xoán.

A recollida das herbas de San Xoán é unha tradición baseada na crenza de que lavar a cara con elas no día de San Xoán reconforta as persoas debido ás súas propiedades máxicas. Para facelo con coñecementos, identificando as plantas, coñecendo como nomealas e paseando polo contorno natural teense servirá esta ruta guiada polo educador ambiental Tino Quintela.

Roteiro para recoller as herbas de San XoánEsta actividade convértese na inauguración da ruta das Muiñeiras, na parroquia de Luou, que vai dende Chanca ata A Insua e ten 900 metros de lonxitude. Esta zona, recuperada medioambientalmente nos últimos meses a través da execución do colector de Espasande, conta con numerosos muíños no percorrido. Atópanse na mesma o muíño e pombal das Muiñeiras, o muíño do Inferniño, o muíño Novo, o muíño dos Cornidos, o muíño de Insua e o lavadoiro de Insua.

Para participar neste paseo é necesaria inscrición previa enviando o nome completo e DNI das persoas que desexen acudir a politicalinguistica@teo.gal. A ruta é de dificultade moi baixa polo que está indicada para familias con nenos/as. A hora de saída prevista son as 17:00 horas e o punto de encontro do grupo a igrexa de Luou.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial