Subir ao teito de Teo

0

Teo, 8 de setembro do 2020 – Subir ao teito do concello de Teo, é o que propón nunha ruta de sendeirismo do departamento de deportes municipal.

Este mes de setembro Teo comeza a programación de roteiros que teñen unha periodicidade mensual. Son doce rutas coas que coñecer un pouco mellor o concello e co obxectivo de converter estes camiños en lugares habituais para os paseos da veciñanza.

O 20 de setembro a primeira das rutas ten como motivación coñecer o lugar máis alto do municipio, de aí o nome de O teito de Teo. Comezando as 10.30 da mañá desde o cruce entre Rarís e Lampai, no lugar de Loureiro,  pasarase por Berxaus e Rial do Mato para chegar ao Chan do Pouso volvendo posteriormente a Loureiro. Son sete kilómetros nunha ruta considerada de dificultade baixa.

É preciso anotarse enviando un correo electrónico a deportes@teo.gal ou chamando ao número 981815700

Subir ao teito de Teo

Contorna de Chan do Pouso

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial