Teo solicita unha entrevista co Delegado do Goberno para falar da Nacional 550

0

Teo, 30 de xuño do 2018 – O Concello de Teo vén de solicitar unha entrevista institucional co novo Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, que tería como tema principal a Nacional 550.

A demanda de reunión co Delegado do Goberno chega ao mesmo tempo que O Milladoiro, en Ames, incrementa as reclamacións para retirar o paso do tráfico por ese núcleo urbano. A proposta do concello veciño de que o transporte pesado rodee o Milladoiro acabando nas Galanas, o comezando alí o desvío, afecta de forma directa  a Teo xa que a rotonda que se deberá ampliar, situada tamén na Nacional 550,  atópase no seu territorio.

Según o concello de Teo “entendendo a problemática do Milladoiro co tráfico pesado quérese manter un contacto fluído e permanente co titular desta vía para que calquera acción que se queira impulsar conte coas consecuencias que pode ter no concello. Calquera actuación en Teo ou que lle afecte dalgún xeito ao polígono comercial situado en Reborido debe contar con nós” indica a concelleira de Urbanismo Uxía Lemus.

Compromiso coa rotonda do Espiño

Na xuntanza con Losada tamén se quere valorar como está a obra comprometida hai uns meses por parte de Fomento para construír unha rotonda no Espiño, tamén na N-550. Trátase dunha vella reivindicación da veciñanza da zona e do goberno municipal xa que o cruce do Espiño, que dá acceso á zona da carballeira de Francos, ten neste momento un cruce cunha raqueta con evidentes riscos para a seguridade viaria, sobre todo para os peóns. Nunha reunión en marzo “Demarcación de Carreteras informou da intención de licitar esta obra este ano por 240.000 euros e dende o Concello queremos saber como avanzan os traballosa administrativos para que sexa unha realidade o antes posible” indica a concelleira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial