займ срочно

Teo traballa na recuperación do río Tinto

0

Teo, 5 de abril do 2017 – O Concello de Teo inicia un novo proceso de participación social Teo decide. Río Tinto. A través do que quere concretar con asociacións e persoas interesadas iniciativas para recuperar e promocionar o patrimonio ambiental, arquitectónico e social vinculado ao río.

As accións que se establezan, a partir das ideas achegadas entre todos, servirán para mellorar a calidade de vida das persoas que residen na proximidade do río.

O proceso é aberto a calquera que queira contribuír coas súas ideas e propostas. Para formar parte do proceso pódese participar nos foros e reunións que se celebrarán durante o mes de abril.

Hoxe mércores ás 19:30 horas na escola de Francos realizarase unha presentación da experiencia “Vaipolorío” de recuperación do río Gafos en Pontevedra. Contaremos con persoas que participaron nesta iniciativa para poder compartir ideas con eles.

Despois haberá dous foros. O primeiro servirá para traballar as ideas orientadas aos ámbitos de Fixó, Balcaide e urbanización Campos de Mirabel. Será o 7 de abril dende as 19:30 horas no local de Aspamite. O segundo foro destínase aos ámbitos de Vilaverde, Francos, Osebe e Río Tinto. Será o 8 de abril dende as 10:30 horas na escola de Francos.

Os teléfonos de contactos do proceso Teo Decide son os seguintes: 609.909.564//627.570.943//629.747.336 ou no teléfono do Concello 981.815.700

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies