Teo traballa no informe de compatibilidade urbanística de Toysal

0

Teo, 25 de xuño do 2018  – O concello de Teo ven de aclarar nun comunicado que o único informe que pode emitir sobre o proxecto planta de reciclaxe de residuos, presentado pola empresa Toysal, é o de compatibilidade urbanística.

Teo traballa para rematar este informe sobre o proxecto de Toysal. O alcalde, Rafa Sixto, explica que se trata da ” única actuación que pode realizar o Concello na tramitación administrativa que está facendo a empresa na Xunta para instalar esta planta”. O alcalde responde deste xeito as informacións que pedían do concello outro tipo de accións “o Concello é xunto coa veciñanza máis afectada quen ten o problema, e o problema é a ameaza dunha instalación deste tipo en solo rústico pola permisividade dunha Lei do solo aprobada no 2016 polo Partido Popular no Parlamento Galego. Se a planta chegara a colocarse en Teo será única e exclusivamente porque a lei do solo autonómica permite este tipo de actividades neste tipo de solo” destaca o rexedor.

Rafa Sixto lembra tamén que a empresa terá que cumprir co Plan de xestión de residuos de Galicia que indica como lugar de ubicación prioritario os polígonos industriais. Para o alcalde “Resulta ata insultante incluír ese preferentemente, xa que se o PP tivera verdadeiro interese en que estas plantas de xestión de residuos estiveran en polígonos industriais no plan de residuos non deixaría aberta a porta a esta interpretación absolutamente arbitraria”.

Informe de compatibilidade

Dende a administración local se están a manter reunións veciñais nas que se explica que dende o concello o único que se emite é un informe de compatibilidade urbanística, indicando se o proxecto é compatible Urbanísticamente coa planeamento do Concello. A empresa presentou en decembro esta solicitude no Concello, momento no que tamén inicia a tramitación da autorización ambiental integrada na Xunta. Diante desta solicitude a administración local solicitou información á empresa para saber que é o que pretendía instalar na Casalonga. A finais de xaneiro entra no Concello o proxecto e solicítase un primeiro informe que avalíe o impacto deste tema no termo municipal. A continuación infórmase á cidadanía e mantéñense contactos políticos cos grupos municipais, coa Xunta de Galicia e con concellos limítrofes.

A concelleira de urbanismo Uxía Lemus explica pola súa banda que ao mesmo tempo que isto sucedía “o departamento de Urbanismo comeza a traballar no deseño do informe de compatibilidade urbanística que é a única ferramenta que ten o Concello para evitar polo menos temporalmente esta instalación. E para facelo con garantías e non de xeito precipitado os técnicos están traballando e buscando asesoramento externo. Neste informe xogámonos moito. Ademáis, se normalmente a esixencia de seguridade xurídica en todos os informes técnicos do Concello é moi alta, neste caso imos un pouco máis alá pola trascendencia do tema”.

Desde o concello destacan a necesidade de que o informe municipal teña a consistencia necesaria para que non sexa cuestionado facilmente, nin pola administración autonómica nin en sede xudicial, no suposto de que a empresa presente unha reclamación xudicial. A emisión de este informe pode durar aínda varios meses.

Exposición pública

Outro dos aspectos que xera moito interese é saber cando se vai realizar a exposición pública, outro dos momentos clave do procedemento. Segundo as previsións que lle da ao concello de Teo a Xunta de Galicia, esta exposición non será antes do outono.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies