O Concello de Teo valora pedir a cesión da estrada AC-841 ante a pasividade da Xunta

0

Teo, 13 abril 2018 – O concello de Teo estuda a posibilidade de solicitar a cesión do tramo da estrada AC-841 dende o límite con Santiago ata a zona da Ramallosa, despois dunha reunión sobre seguridade viaria que non aportou nada.

A estrada AC-841 sería cedida axustándose aos tramos urbanos onde pode ser considerada travesía. O concelleiro de Servizos Básicos, Xurxo Francos, e a concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus mantiñan unha xuntanza hai días co responsable de estradas da Xunta, Felipe de la Vega por cuestións relacionadas con este viario. A solicitude da xuntanza realizouse dende o Concello para falar de melloras de seguridade viaria en toda a estrada pero centrándose na problemática que se da na zona de Pontevea e noutros núcleos como Cacheiras con atropelos nos últimos anos. A resposta da administración autonómica, titular da vía, foi que non van variar sustancialmente a situación. Non están dispostos a colocar pasos sobrelevados nas zonas dos pasos de peóns para minimizar a velocidade dos vehículos e tampouco queren colocar novos semáforos. Dende o Concello laméntase esta resposta que non atende as demandas veciñais nin ás do propio Concello. No encontro os concelleiros teenses lembraron os problemas de seguridade en Pontevea, Cacheiras o A Ramallosa. Na reunión tamén se destacou a perigosidade da velocidade dalgúns vehículos nas vías de servizo que non contan con stop nin cedas ao incorporarse á vía principal.

Dende o goberno municipal acordouse valorar a petición de cesión da estrada AC-841, que seguramente se leve xa ao pleno do mes de abril xa que se considera que dende a administración local se está máis en contacto coas demandas veciñais. A cesión pediríase do tramo que conta coa autovía, dende Santiago á zona da Ramallosa, nos tramos urbanos. Tendo unha alternativa de alta capacidade pódense realizar actuacións nesta estrada que vaian encamiñadas a que teña unha consideración de travesía e teña menos problemas de seguridade. Dende o Concello enténdese que se a Xunta realizou esta vía alternativa esto permite ter un deseño para a AC-841 que teña máis en conta o tráfico de proximidade e aos propios peóns.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies