займ срочно

Teo e Vedra solicitaran de forma conxunta melloras no transporte metropolitano

0

Bisbarra, 18 de novembro do 2017 – O alcalde de Teo, Rafael Sisto, e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez, asinaron no Concello de Teo un documento no que se establecen as melloras do servizo de Transporte Metropolitano de Galicia ao seu paso polos dous Concellos.

O documento é unha proposta conxunta, que analiza a situación das liñas de transporte que tocan os dous Concellos, Vedra e a parte leste de Teo, e presenta demandas de mellora de cara á licitación dos contratos do mapa concesional do TMG prevista para o 2019. Despois da sinatura deste documento está previsto que se lle entregue á Dirección Xeral de Mobilidade nunha reunión na que estarán os dous concellos.

Conchi García, concelleira de mobilidade de Teo e presente na sinatura, explica que nos últimos meses “vimos mantendo xuntanzas cos concellos limítrofes para elaborar un plan de mobilidade que poida mellorar as prestacións do servizo que temos neste  momento”. Dadas as dificultades de introducir modificacións nas liñas de transporte na actualidade “é o momento de analizar os cambios e melloras que se deben recoller na futura licitación das liñas por parte da Xunta de Galicia”.

No caso da proposta traballada con Vedra estúdanse as liñas con orixe ou destino en Vedra que pasan polas parroquias do leste de Teo (Oza, Teo, Bamonde, Vilariño e Reis). No documento destácase a limitación de moitas liñas que están condicionadas polo calendario escolar quedando o servizo moi mermado cando non hai colexio; a escaseza de expedicións diarias en moitas das rutas; o escaso servizo na fin de semana ou a falla de optimización dalgúns dos itinerarios actuais.

Na proposta, asinada por Teo e Vedra, recóllense melloras e incrementos das liñas actuais e ata unha liña nova que viría dende San Miguel de Sarandón ata Pontevea, achegando a moitos veciños/as de Vedra ao corredor de Cacheiras onde poderían facer transbordo ata Santiago e achegaría tamén a moitas persoas ao núcleo de Pontevea, con numerosos servizos.

Neste momento dende Teo estase traballando en documentos similares cos Concellos de Padrón e A Estrada e tamén se comezaron a ter contactos co Concello de Ames.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies