Teo recibe o novo plan de restauración da mina da Casalonga

0

Teo, 22 de xullo do 2019 – O pasado xoves a Xefatura do Servizo de Enerxía e Minas, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, remitiu ao concello de Teo o novo Plan de restauración para a concesión de explotación da mina da Casalonga.

O documento remitido pola xunta pide a remisión dun informe municipal, tal e como se regula na normativa ao respecto, no prazo dun mes desde a recepción da documentación. Deste xeito o prazo remata o 18 de agosto, en pleno período estival.

Consulta o Plan de restauración

Dende a Concellaría de Urbanismo destacan que o informe solicitado sobre o Plan de restauración non é preceptivo nin vinculante. O documento será analizado polos servizos técnicos da Oficina Municipal de Urbanismo para a elaboración do informe que será feito público unha vez que se emita e se envíe ao organismo autorizador deste tipo de Plans, como é o Servizo de Enerxía e Minas, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia.

Este Plan de Restauración da explotación “Casalonga”, promovido por Toysal, afecta a case 56 hectáreas de terreo da canteira, no que se pretende alcanzar unha morfoloxía do terreo similar á que existía antes do inicio dos traballos da explotación da canteira, a través do recheo da zona afectada con residuos inertes, nos que se inclúen os seguintes tipos:

Residuos da prospección, extracción de minas e canteiras, e tratamentos físicos e químicos de minerais.

Residuos de procesos térmicos: residuos de materiais de fibra de vidro.

Residuos de construción e demolición.

Residuos municipais , tipo terra e pedras.

O volume de recheo, conforme aos datos presentados por Toysal no Plan, será de 9.869.500 m3 de residuos, nos que o 167.575,87 serán de terra vexetal ou un substituto da mesma, como os tecnosolos. Finalmente, prevese a plantación de árbores, como fase final da restauración.

Dado que os materiais a empregar no Plan proceden dos procesos de valorización e xestión integral de residuos que constitúen a actividade principal da empresa titular deste dereito mineiro, Toca Salgado, SL, as tarefas de recheo realizaranse a custo 0 para a empresa, porque os ingresos previstos en concepto de xestión de residuos cubriran os custes de vertidos, estendido e compactación.

Así mesmo, na documentación aportada inclúese o Documento Ambiental para a Avaliación Ambiental Simplificada, nos que se inclúen un estudo dos efectos deste Plan de Restauración sobre a atmosfera, sobre a biodiversidade, sobre o ciclo da auga ou sobre a poboación, que a empresa prevé.

Prevense como efectos adversos neste Documento, a alteración da calidade do aire debido a emisións gasosas, de pó e partículas; as alteracións na saúde das persoas debido a estas alteracións da calidade do aire; ou o risco de contaminación artificial das augas, e como efectos positivos, a creación de emprego e reactivación económica ou a valorización de residuos inertes.

Toda a documentación relacionada co citado plan de restauración pódese descargar na seguinte ligazón:

http://descargas.xunta.es/4bb43d31-6cb9-474d-a901-e8cd9ea58ec01563278451719

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial